Disfunción eréctilAyuntamiento de A Coruña

Que vén o Apalpador!

O Apalpador virá ao Centro Ágora da Coruña, onde haberá música, cancións, fotocol, obradoiros...

¿A quién va dirigido?:

Familias con crianzas de 3 a 6 anos

Cuándo:

21/12/2019

Inscripciones:

Desde el 16/12/2019 hasta el 20/12/2019

A inscrición comezará ás 10.00 h. Para crianzas entre 3 e 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. Se por algún motivo non se puidese vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Horario:

Dous pases: 10.45 h e 12.30 h

Duración:

80 min aprox.

Dirección:

Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

De balde e con inscrición previa

Organizador:

Servizo de Normalización Lingüística

Contacto:

lingua@coruna.es

981 184 200 ext. 34322

Documentos:

CARTEL-APALPADOR.jpg (417 KB)

Temos a sorte de que este vello carboeiro da Serra do Courel chegará ás terras da Coruña para festexar un Nadal ecolóxico e ecoloxista.

A nosa personaxe do Nadal vai levar de viaxe as nenas e nenos sobre o seu cabaliño de madeira de nome Lor até a Devesa da Rogueira para coñecer a lobiña Coureliña, o paxariño Pía Páxaro... os que axudarán a defender o bosque da Apalpadora, que se enfronta aos trasnos do lume e do lixo que, ao se mergullaren na conciencia dalgúns seres humanos, queren derrotar a maxia da natureza.

As nenas e nenos coñecerán o nome das árbores do Courel, teixos, freixos, bidueiros, buxos, aciñeiras, sobreiras... cantarán, bailarán e contarán ao ritmo de frautas de pradairos, pandeiretas de piñeiro e peitoques de madeira de teixo e recibirán como agasallo inmaterial a música das árbores, do vento, das fervenzas e dos ríos e regatos dun dos espazos de maior biodiversidade de Europa, a Serra do Courel. 

A actividade desenvolverase nas aulas 6, 7 e 8 do Centro Ágora e haberá dous pases: ás 10.45 e ás 12.30 horas

Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

¿Echas algo en falta?

Si quieres añadir algo a la agenda de tu ciudad o corregir alguna información errónea sólo tienes que decírnoslo .

¿Qué falta en la agenda?

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?