Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Convocatoria renovación EDM 201819

ANUNCIO

Dirixido ao alumnado que desexe renovar nas Escolas Deportivas Municipais para o curso 2018/19.

A convocatoria vai dirixida a todo o alumnado matriculado nas EDM (xestionadas indirectamente polas concesionarias do servizo de actividades físicas e deportivas municipais, do Complexo Deportivo Municipal de San Diego e da Piscina Municipal de Santo Amaro) que desexe renovar para o curso 2018- 2019.

Só poderá renovar aquel alumnado cun mínimo de asistencia do 60% respecto da totalidade de días lectivos. Para ese efecto, a todo o alumnado que poida renovar entregaráselle a correspondente folla de inscrición polo profesorado no horario de clase; e o alumnado que non poida recollelo na clase deberá solicitalo nas oficinas de coordinación das EDM, dentro da xornada laboral das concesionarias do servizo arriba indicadas.

Sen prexuízo do anterior, aquelas persoas que non reciban a folla de inscrición por non chegar ao mínimo de asistencia, dispoñerán dun prazo do 7 a 25 de maio para presentación de alegacións e xustificacións que acrediten que as ausencias tiveron lugar por causas de forza maior ou estado de necesidade.

Neste punto aclárase que non terán esta condición as ausencias por enfermidade preexistente á data de matriculación no curso anterior e/ou enfermidade crónica. En todo caso, a persoa á que non se lle permita renovar poderá solicitar praza no mes de setembro na convocatoria xeral de novas matrículas.

Lugar e datas de matrícula para a renovación: as renovacións de matrícula nas EDM impartidas en San Diego e Santo Amaro faranse nos devanditos centros dentro do horario de atención ao público destes; e as do resto das EDM realizaranse nas oficinas administrativas do SMD (sitas na Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor), segundo o horario de rexistro e atención ao público do concello (de 08:00 a 14:00 h) nas seguintes datas:

  • Menores de 18 anos: do 7 a 11 de maio; exceptúase o alumnado correspondente á Piscina de Santo Amaro que renovará do 14 a 25 de maio
  • De 18 a 64 anos: do 14 a 25 de maio
  • Maiores de 65 anos: do 14 a 25 de maio
  • Cambio de grupo por idade: do 4 a 8 de xuño; coas excepcións indicadas no apartado 4

AVISO: Os SEGUINTES HORARIOS E DATAS SÓ AFECTÁN ÁS ESCOLAS DE MENORES DE 18 ANOS

LUGAR DATAS HORARIOS

Palacio dos Deportes de Riazor

Do 7 ao 11 de maio DE 08:00 A 14:00 H

Polideportivo Municipal do Barrio das Flores

7, 8 e 9 de maio DE 08:00 A 14:00 H
Cidade Deportiva da Torre 10 e 11 de maio DE 08:00 A 14:00 H

Matrículas das persoas cuxas alegacións sexan estimadas: 29 a 31 de maio. Entenderase que a persoa que non presente a solicitude de renovación nas datas indicadas renuncia a ela. Con todo, autorizarase a renovación extemporánea das persoas que acrediten causa de forza maior ou estado de necesidade dentro dos 15 días hábiles seguintes ao seu cesamento; e, en todo caso, antes de que comece a preinscrición das novas matrículas.

A renovación realizarase no horario e grupo no que estea inscrito o alumnado. En consecuencia, todo o alumnado renovará na súa mesma praza.

Cambio de grupo por idade: sempre que se reúnan todos os requisitos establecidos, permitirase a continuación na mesma modalidade deportiva de EDM ao alumnado que por idade deba cambiar de grupo, coa condición de que sexa posible polo número de prazas existentes.

En razón a iso, exceptúanse os grupos correspondentes a:

  • Alumnado de Ximnasia Rítmica e Artística no Polideportivo da Sagrada Familia de 6 a 8 anos, con cambio a Ximnasia Rítmica e Artística no Polideportivo da Sagrada Familia de 9 a 11 anos
  • Alumnado de Natación de 9 a 11 anos, con cambio a Natación de 12 a 17 anos
  • Minitenis C.D. A Torre de 6 a 8 anos, con cambio a Tenis C.D. A Torre de 9 a 11 anos
  • Tenis C.D. Riazor de 9 a 11 anos, con cambio a Tenis C.D. Riazor de 12 a 17 anos

O impreso de solicitude será entregado polo profesorado dentro do horario de clase; e o alumnado que non poida recollelo na clase deberá solicitalo na oficina de coordinación das EDM, dentro da xornada laboral da concesionaria do servizo.

As solicitudes presentaranse nas Oficinas de Rexistro do SMD (sitas na Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor), do 7 a 11 de maio. Estes cambios autorizaranse nos supostos en que iso sexa posible por razón de cocientes, niveis, dispoñibilidade de prazas, etc. ( art. 21.8 normativa de uso das instalacións deportivas, EDM e outras actividades).

Nos supostos en que o número de prazas ofertadas sexa menor das demandadas, para a orde de preferencia terase en conta primeiro ás persoas empadroadas no Concello da Coruña e, se aínda así resultase necesario, realizarase un sorteo público (conforme o procedemento establecido no apartado IV.5) das presentes bases) para cada unha das escolas deportivas na oficina administrativa do Palacio dos Deportes de Riazor ás 10:00 h do día 18 de maio.

As listaxes publicaranse o día 23 de maio na páxina web, nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas e no teléfono de atención cidadá 010.

As matrículas formalizaranse do 4 ao 8 xuño nas oficinas do SMD (sitas na Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor).

Cambios de horario e/ou instalación deportiva: os cambios de hora autorizaranse exclusivamente naqueles casos nos que se solicite por motivos de conciliación familiar, laboral ou de estudos e con xustificación documental suficiente. As solicitudes presentaranse desde o 11 ao 13 de xuño nos devanditos rexistros do Servizo de Deportes. Os cambios das persoas cuxas alegacións sexan estimadas realizaranse o día 15 de xuño. A solicitude de cambio de instalación deportiva dentro da mesma modalidade deportiva só se aprobará se se obtén unha nova praza no horario ao que se pretende cambiar. Para iso, débese solicitar na convocatoria de "novas matrículas" esa praza e, se se consegue, no momento de formalizar a matriculación farase o devandito cambio e compensaranse as taxas de matrícula, coa condición de que proceda segundo a lexislación vixente.

As solicitudes de cambio de modalidade deportiva non están permitidas.

Pode consultar as bases no documento adxunto a continuación

Cadro prazos de renovación

Franxas de idade e prazos de renovación

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

TAXAS*

Consultar taxas reducidas para rendemento económico ou IPREM.

Máis información Ordenanza fiscal nº 15 -2018

Menores de 18 anos

Do 7 ao 11 de maio

Actividades en auga e seco 1 día - 18,26 €
2 días - 36,50 €
3 días - 54,30 €
Recuperación funcional 2 días - 67,88 €
3 días - 82,32 €

Maiores: entre 18 e 64 anos

Do 14 ao 25 de maio

Actividades en auga e seco 2 días - +18 anos - 55,17 €
3 días - +18 anos - 82,32 €
Recuperación funcional 2 días - +18 anos - 95,03 €
3 días - +18 anos - 121,35 €

Maiores de +65 anos

Do 14 ao 25 de maio

Actividades en auga e seco 2 días - +65 anos - 10,18 €
3 días - +65 anos - 16,14 €
Recuperación funcional 2 días - +65 anos - 57.58 €
3 días - +65 anos - 72.02 €

CAMBIOS DE GRUPO POR IDADE (Considerarase a idade o 31 de decembro de 2018)

Do 4 ao 8 de xuño, tendo en conta:

1. A modalidade deportiva ha ser a mesma.

2. O horario pode ser distinto, segundo dispoñibilidade.

3. EXCEPTO AS EDM (por non dispoñer de prazas en primeira instancia):

  • MINITENIS C.D. TORRE 6-8 ANOS CAMBIA A TENIS C.D. TORRE 9-11 ANOS
  • XIMNASIA RÍTMICA E ARTÍSTICA SAGRADA FAMIALIA DE 6-8 ANOS CAMBIA A XIMNASIA RÍTMICA E ARTÍSTICA 9-11
  • NATACIÓN 9-11 ANOS CAMBIA A NATACIÓN 12-17 ANOS
  • TENIS C.D. RIAZOR DE 9-11 ANOS CAMBIA A TENIS C.D. RIAZOR DE 12-17

3.1 Presentar a solicitude do 7 ao 11 de maio nos rexistros de deportes (C.D. Torre, Polideportivo Barrio das Flores e C.D. Riazor).

3.2 O sorteo realizarase o 18 de maio, se fose necesario. (Segundo as bases da convocatoria)

3.3 Publicación de listaxes: 23 de maio

3.4 Matrícula do 4 ao 8 de xuño

NOTA

  • A folla de asistencia será facilitada polo profesorado nas clases. Pídese que comuniquen calquera cambio nos datos persoais na folla de renovación
  • O alumnado das escolas de San Diego e Santo Amaro renovará nas súas respectivas instalacións.
  • Só poderá renovar o alumnado cun mínimo do 60% de asistencia a clase, salvo xustificación por forzas de causa maior ou estado de necesidade.
    • As alegacións presentaranse nos rexistros de Deportes (C.D. Riazor, Polideportivo Barrio das Flores e C.D. A Torre): do 7 ao 25 de maio
    • As matrículas das persoas cuxas alegacións sexan estimadas serán do 29 ao 31 de maio.

Pode descargar o calendario no documento adxunto no pé da páxina.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?